top of page

Traballamos en grupo!!

  • Roi
  • 16 dic 2017
  • 2 Min. de lectura

Ola a todos!

Nesta entrada quería falarvos da importancia do traballo grupal. Actualmente na escola, pecamos de exceso de traballo individual, exames, tarefas e probas individuais privan aos rapaces de ver o punto de vista dos demais, de poñerse no seu lugar ou de interactuar e ver diferentes formas de traballar. A lexislación actual recolle que unha parte fundamental da avaliación consiste en recabar información de forma grupal, fomentar o espírito investigador. Sei que co ritmo de vida actual é un incordio coordinar a 5 rapaces e rapazas para que poidan quedar para traballar en grupo, pero penso que os beneficios son moito máis grandes que as molestias que ocasiona a coordinación de horarios entre eles.

Papás e mamás, pensade por un momento en cando erades pequenos, cando tiñades a idade dos vosos fillos. Estabades na rúa a meirande parte do voso tempo libre, non había internet e todas as experiencias e o coñecemento se buscaba falando cos demais, indo a unha biblioteca, falando cos nosos maiores etc... non podemos quitarlles isto aos rapaces. Nunha época na que xurden tantos conflictos na escola e fóra dela, a mellor forma de atallalos é que se relacionen entre eles, que traballen xuntos, que se entendan, en definitiva sen ter que mediar nós seguido.

Despois deste rollo que vos soltei, quería ensinarvos o magnífico traballo que fixeron os alumnos e alumnas de quinto A, pescudando información sobre os sentidos e o sitema nervioso, conseguiron elaborar uns materiais sorprendentes e expoñerlles ao resto da clase a información que aprenderon con eles; unha información que para eles gañou significado e que é máis fácil que se quede nas súas mentes porque a fixeron súa.

Quero felicitar a todos os meus alumnos e alumnas, dos que estou moi orgulloso, e a pesar de non poder estar con eles e elas estes días, quero desexarlles un Bo Nadal.

Tamén a vós, papás e mamás, deséxovos Bo Nadal e recórdovos que me podedes contactar a través do blogue, na segunda páxina(nosotros) hay un botón para deixar as vosas mensaxes.

Comments


Posts Destacados
Vuelve pronto
Una vez que se publiquen entradas, las verás aquí.
Posts Recientes
Búsqueda por Tags
Nuestra Comunidad 

Supermamá

Papás Héroes

Paraíso de Bebés

Niños Artistas

  • Google+ Black Round
  • Facebook Black Round
  • Twitter Black Round
bottom of page